Traballo Diario

CLASE 0

A continuación adxuntarei o meu primeiro traballo , neste caso cooperativo co meu compañeiro Daniel. No cal para facelo , vimos un vídeo do cal sacamos unha idea principal e a puxemos como un eslogan, e ao final puxémoslle unha imaxe para acompañar.

                                             Música: Viva a vida de Coldplay ou música clásica drámatica.


Traballo sobre a Idade Media

      Este traballo consta dunha presentación baseada nun tema que escollimos eu e os meus           compañeiros de grupo. Neste caso decidimos falar sobre as Cruzadas e a Xihad musulmana.

Glosario

Vocabulario do TEMA 1: O Equilibrio entre o medio natural e actividade humana.


Nacións Unidas: As Naciones Unidas é unha organización internacional fundada en 1945 tras a Segunda Guerra Mundial que agora está composta por 195 países , que comprometéronse a manter a paz e a seguridade internacional. Fomentando entre as nacións relacións de amizade e promover o progreso social, a mellora do nivel de vida e os Dereitos Humáns.

Recursos Naturais: Son aqueles bens que provee a natureza e que son utilizados polas persoas xa sea para consumilos directamente ou ben para ser utilizados nalgún proceso de produción. 


Mangleirais: É un bioma formado por árbores moi tolerantes coas sales minerais , existen na zona intermareal cercana á desembocadura dos cursos de auga doce en latitudes tropicais e subtropicais.

 Desenvolvemento Sostible : É o desarrollo que permite satisfacer as necesidades das xeracións presentes sen comprometer as posibilidades das do futuro de satisfacer as súas propias necesidades.


Latitude: Distancia angular que hay dende un punto da superficie da Terra hasta o Paralelo do Ecuador; midese en graos, minutos e segundos sobre os meridianos.

Lonxitude: Medida que expresa a distancia angular entre un punto calquera do globo terráqueo e o meridano 0 ,e dicir o Meridiano de Greenwich que divide o planeta en dous hemisferios: occidental(oeste) e oriental(este).

Altitude: Distancia vertical desde un punto da superficie terrestre respecto o nivel do mar.


Relevo: Son as formas que ten a corteza terrestre ou litosfera na superficie , tanto en relación coas terras emerxidas como co releve oceánico.

Quecemento Global: O quecemento global fai referencia aos cambios a longo prazo das temperaturas e patróns climáticos. Estes cambios poden ser naturais , pero dende o s.XIX, a actividade humana foi o principal motor do quecemento global. Debido principalmente a queima de combustibles fósiles como o carbón o petroleo e o gas , o que producen gases que atrapan a calor.


Protocolo De Kioto: É un protocolo da Convención Marco das Nacións Unidas , no 1997 acordado por países industrializados sobre o quecemento global, é un acordo internacional que ten como obxectivo reducir as emisións de seis gases de efecto invernadoiro.

Acordo de Paris: É un acordo dentro do marco da Covención Marco das Nacións Unidas sobre o quecemento global que establece medidas para a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.


Densidade Demográfica: É o número de habitantes dun país , rexíon ou  área urbana ou rural dividido entre a superficie do mesmo; medida en Km2 (Hab/Km`2).

Taiga: A taiga ​ou bosque boreal  é un bioma caracterizado polas súas formacións boscosas de coníferas compostas principalmente de pinos, abetos e alerces, sendo unha das maiores masas forestais do planeta.


Chuvia Ácida: Fórmase cando a humidade do aire combínase con óxidos de nitróxeno e dióxido ou trióxido de azufre emitidos polas fábricas, centrais eléctricas, caldeiras de calefacción e vehículos.

Degradación: É un proceso no que o valor do medio ambiente biofísico vese afectado por unha combinación de procesos inducidos polo ser humano que actúan sobre a terra.


Protección Ambiental: A protección do medio ambiente é a práctica de protexer o medio ambiente natural por parte dos individuos, organizacións e gobernos.​ Os seus obxetivos son conservar os recursos naturais e o entorno natural existente e, reparar os danos.​


Glosario 2

Vocabulario Tema 2:O Futuro dunha poboación que embellece.


Demografía: É a ciencia que estuda estadísticamente as poboacións humanas; a súa dimensión , estrutura , evolución e características xerais.

Densidade de Poboación: Cálculo estadístico que pon en relación a cantidade promedio de habitantes dun territorio e ao espazo físico que abarca.


Piramide de poboación: É a representación gráfica da distribución por idade e sexo da poboación. E temos 3 tipos:

-Piramide de poboación progresiva: Neste modelo de pirámide obserbase unha base moi ancha e umha cima moy angosta. É típico de poboacións nas que tanto a natalidade como a mortalidade son altas e a poboación crece a un ritmo moi rápido, normalmente paises tercermundistas.

-Piramide de poboación estancada: Neste modelo de pirámide pódese apreciar un equilibrio entre todos os grupos de idade. Isto é consecuencia dunha natalidade e mortalidade que mantese sen variacións durante un longo periodo de tempo ,neste caso nos países en transición.

-Piramide de poboación regresiva: Neste último modelo a base da pirámide é máis pequena que os seguintes escalóns, e adquire esta forma nas poboacións cuxa natalidade descendeu nos últimos anos, polo que xera un envellecemento na poboación, como por exemplo en España.


-Esperanza de vida: É a media da cantidade de anos que vive unha determinada poboación absoluta ou total nun certo tempo.

-Xubilación: Acto administrativo polo que un traballador en activo,  por conta propia ou axena, solicita pasar a unha situación pasiva ou de inactividade laboral.

-Envellecemento demográfico: O envellecemento da poboación refirese a un cambio na estrutura por idades da poboción.


-Migración: Movemento da poboación que consiste en deixar o teu lugar de residencia para establecerse noutro país ou rexión, xeralmente por causas económicas ou sociais, e pode ser de 2 tipos inmigrante ou emigrante.

-Taxa de natalidade: É o número de nacementos vivos dunha poboación por cada mil habitantes nun certo tempo determinado , normalmente un ano. 


-Taxa de mortalidade: Proporción de persoas que falecen respecto ao total da poboación nun período de tempo, usualmente expresada en tanto por mil por ano.

-Saldo natural vexetativo: É a diferenza entre o número de nacementos e o número de defuncións dunha poboación nun determinado periodo de tempo, xeralmente un ano.


-Idade fertil: Período de tempo onde a muller é propensa a quedar embarazada. Este período iniciase coa menarquia aos 15 anos aproximadamente e finaliza coa menopausia arredor dos 50 anos.

-España baleira: Fai referenza as zonas de España que sufriron emigracións masivas durante o denominado éxodo rural dos anos 1950 e 1960, que a comezos do s.XXI abarca o 90 % do territorio español.


-Distribución espacial: A relación que existe entre a especie e o seu ambiente .

-Saldo migratorio: É o balance que existe entre a inmigración e a emigración  nun determinado lugar e nun determinado periodo de tempo. Pode ser de dous tipos:


-Saldo migratorio positivo: É cando a poboación aumenta e hai máis inmigrates que emigrantes.

-Saldo migratorio negativo: É cando a poboación disminue e hai máis emigrantes que inmigrantes.

Exposición medio ambiente

A continuación veredes 5 fotos relacionadas co medio ambiente , e un pequeno resumo sobre porque as escollín.

Costa de Na Pali,Hawái
Costa de Na Pali,Hawái

A primeira foto mostra un imaxe do Parque Estatal da Costa de Na Pali,  ubicado nas Islas Kauai , a máis antiga de Hawái.A cal presenta acantilados(os Na pali) que elevanse hasta os 1200m de altura sobre o Océano Pacífico. Escollín está imaxe xa que leva protexida pola UICN(Unión Internacional para a Conservación da Natureza) dende 1983 para que a súa flora e fauna non se deteriore e non desaparezca , e como podedes observar as medidas que tomaron derón os seus frutos xa que hoxe en día luce así de bonito e cuns indicadores de contaminación mínimos.


Rock Islands,Palau
Rock Islands,Palau

As Islas Chalbacheb ou tamén conocidas como Rock Islands ,encontranse na rexión sur do Océano Índico no continente de Oceanía. E gustoume a foto xa que ao ver o mar pareime a pensar na cantidade de residuos que se tiran día a día e o gran impacto que teñen no ecositema marítimo. Aínda que cabe destacar que estas islas están deshabitadas e os únicos humanos que estiveron alí foron un grupos de arqueólogos.


Salto Ángel, Venezuela
Salto Ángel, Venezuela

O Santo Ángel , ubicado en Venezuela , é patrimonio da Humanidade da UNESCO desde 1994 e o parque nacional no que se ubica, o Canaima, que extendese por uns 30.000 kilómetros cuadrados  poblado de tepuyes, o mesetas de roca. Pero escollín está foto xa que encantanme os animais , e recordoume a toda esta gran variedade de animais os cales non se ven noutros lugares  e están en perigo de extinción ,como por exemplo  os pumas, xaguares, armadillos, nutrias xigantes...


Gran Cañón do Colorado, Arizona, E.E.U.U
Gran Cañón do Colorado, Arizona, E.E.U.U

O Gran Cañón de Colorado, en Arizona nos E.E.U.U,con casi dous mil millóns de anos de historia xeolóxica da Terra quedaron ao descuberto a medida que o río Colorado e os seus afluentes cortaban as súas canles a través de capa tras capa de roca mentras a Meseta do Colorado era levantada. Principalmente escollín esta fotografía por que a parte de pertencer a UNESCO , como xa vin no tema que estou estudando. Dinme de conta que é unha das zonas máis calurosas do planeta, pero co quecemento global , e sobre todo un dos seus factores de risco: a suba das temperaturas ,  acabará xerando unha morte masiva de todos os organismos vivos que vivan alí e non se podera visitar esa zona.


Sundarbans, India e Bangladesh
Sundarbans, India e Bangladesh

Estos lugares encontranse entre a India e Bangladesh, e conócense como o Sundarbans(ou ''bosques hermosos'') e que considéranse Biosfera Patrimonio da Humanidade está cada vez máis amenazada polas augas residuais nocivas, a contaminación industrial e a forte deforestación de madeira na zona. Pero o que me entristeceu moito foi que hai unha gran cantidade de especies amenazadas , e que se morren a cadea de alimentación comezará a fallar e os espazos natuurais non terán a vida que llen dan os animais.


Mapa Mental Figuras Legais

A continuación adxunto un mapa mental sobre as figuras legais de proteción ambientqal.


Mapa Mental Sobre As Migracións

Adxunto o mapa mental sobre as migracións



                     Redación Greyny Boom

 Que é o greyny boom...unha oportunidade ou un negocio?

 Este termo tan utilizado, que ao mellor escoitamos na televisión ou no periódico ten moito que ver cos cambios sociais e económicos que se están producindo hoxe a escala mundial. A esperanza de vida aumentou desde 1840 a un ritmo de dous anos e medio por década o que podería crear grandes recesións económicas pero...dende hai un lustro non só se fala de colapso senon que tamén da silver economy ou economía das canas. E según algúns especialistas din que facer anos será o gran estímulo para o crecemento do PIB.

Aínda que isto tardará uns anos , xa se está a diferenciar entre persoas fráxiles , activas e dependentes. Porque a silver economy ten dúas caras : unha que ofrece produtos e servizos relacionados có ocio, o entretemento e o envellecemento activo; e outra dirixida a persoas con peor saúde que requiren coidados e atención sociosanitaria. Pero para que España se enganchase a esta revolución tería que alongar a vida laboral , e primeiro deveríase saber a opinión da poboación , non creedes?

A continuación ,gustaríame dar a miña opinión sobre este tema. Eu creo que de momento máis que un negocio demomento é unha oportunidade, primeiro de todo por que aínda non se tomarón decisións ao respecto e seguido disto como xa dixen anteriormente para que España se unise a isto habería que alongar a vida laboral , e ao mellor moita xente non está de acordo con isto.

Creo que primeiro deberíase estudar todo moi ben , ideas de marketing , productos ou servizos novedosos e máis tarde sacar adiante un campaña ou anuncios que atraigan a xente pertencente dos anos 70 que son as do baby boom. Xa que considero que as ''necesidades'' de todas estas persoas xa se deverían de haber satisfeito anteriormente , aínda que non descarto que máis adiante convertase nun negocio , no que se poderían ofrecer espectáculos , roupa adecuada para a súa idade , actividades ao aire libre :manualidades , charlas...; bos servizos médicos, etc.

 Que mellorarían o benestar das persoas e ademáis habería grandes ingresos económicos.


Estereotipos de Xénero

Esta foto que vedes aiqui e da película chamada:'' Hidden Figures'' que en Español sería :'' Figuras Ocultas'', basada en feitos reais.

  A historia desarróllase en Estados Unidos a principios dos anos 60 durante a guerra fría e en plena carreira espacial da NASA no que no seu intento por superar aos rusos buscamentes privilexiadas ,para traballar como auténticos ordenadores humanos. Esta película, basada no libro de Margot Lee Shetterly, conta a historia real de tres mulleres afro-americanas: Katherine Johnson, Dorothy Vaughan y Mary Jackson, vítimas da segregación racial, utilizando tan só os seus lapis e unhas sencillas máquinas de calcular, aportaron os cálculos necesarios para que o astronauta John Glenn realizara con éxito a primeira órbita completa arredor da Terra. Pero o realmente sorprendente é que o nome destas tres mulleres permaneceu oculto para o resto da Historia cando realmente  o seu traballo resultou indispensable nos avances que lle permitiron ao home pisar a Lúa.

Isto e unha mostra de que por ser muller non significa que non se poidan lograr grandes cousas, neste caso no ámbito laboral, e máis sendo afroamericana , que son exactamente iguais que nós e teñen as nosas mesmas posibilidades. Neste caso cando as contrataron , en especial a unha delas nun cargo importante , realizando grandes cálculos ,  todo o mundo lle dicía que iso eran cousas de homes e que estaría mellor na súa casa limpando e coindando das súas 3 fillas , pero ela non se deu por vencida e despois de moito esforzo , traballo e dedicación , conseguiu lograr un dos acontecementos  máis importantes da  historia. E despois de conseguilo pediulle ao seu director que como reconpensa quería que todas as mulleres que traballasen na NASA tivesen as mesmas condicións laborais que os homes.

A outra destas destas tres chicas non lle deixaban ir a universidade , porque solo era para homes pero despois de insistar tanto e incluso realizar un discurso ,diante dos homes que se encontaban alí ,de que tanto os homes como as mulleres somos iguas e temos o mesmo dereito laboral ,  deixarona entrar.

Con todo isto debemos aprender que por ser muller neste caso non significa que non estemos capacitadas para realizar certos traballos , senon que NÓS AS MULLERES podemos dedicarnos ao que queiramos , non temos que guiarnos por esteriotipos establecidos ,ao contrario temos que ROMPER BARREIRAS e ser nos mesmas.

A intelixencia non ten cor
A forza non ten xénero
E o coraxe non ten límites
HIDDEN FIGURES

Tópicos de España

Para esta parte escollín un tópico que a min chamoume bastante a atención o cal é:

OS  ESPAÑOIS ESTÁN TODO O DÍA DE FESTA

Ainda que xa quedou claro que somos os europeos que máis horas traballan ao ano , o rumor de que en España estamos todo o día de festa está ben extendido.

O noso calendario está cheo de festas e celebracións. Algunhas tan famosas como os Sanfermíns en Pamplona ou a Tomatina en Buñol, e outras moito menos coñecidas internacionalmente. En concreto, cada pobo conta máis ou menos unhas festas patronais ao ano.

Pero que todo sea motivo de celebración non significa necesariamente que todos vaïamos a todas as festas , tendo en conta que España según a OCDE(Organización para a Cooperación e o Desárro Ecónomico), os españois son os que máis traballan incluso por encima dos alemáns. 

E con isto podemos ver que non necesariamente todos os Españois están de festa!!

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar