Traballo Diario

A Economía Mundial


Glosario 2

TEMA 3: A Economía Mundial. Como nos afecta a globalización? No libro Tema 2

Economía: A economía ocúpase de satisfacer as necesidades e os desexos humanos a través da producción de bens e servizos , a cambio dos cales , na maioría dos casos , obténse un beneficio.

PIB: É o valor en diñeiro de todos os bens e servizos producidos nun ano e nun territorio, denominado como producto interior bruto

PIB per cápita: É o valor do PIB  divido entre o número dos habitantes dun territorio ,que indica a riqueza media da poboación.


 Sectores Económicos

Sector Primario: Comprende a agricultura , a gandaría, a pesca e a explotación forestal.

Sector Secundario: A actividade principal é a industria a que pertencen tamén a minaría , a explotación das fontes de enerxía e a construción.

Sector Terciario: Engloba todos os servizos.


                                                   Os Axentes  Económicos

Estado: Elabora as políticas económicas do país ,é dicir , normas que se aplican ao ámbito económico e que teñen como finalidade o seu bo funcionamento , de forma que manteñan a estabilidade e o crecemento económico. Tamén xeran emprego nas Administracións e nas empresas públicas , buscando sobre todo o benestar social.

Empresas: Producen bens e servizos e distribúenos a cambio dun beneficio económico ,parte do cal é destinado ao pagamento de impostos.

Persoas: Achegan o seu traballo ás empresas ou ao Estado a cambio dun salario, e empregan os ingresos en adquirir bens e servizos que os dous ofrecen , ademais de pagar impostos.


                                                                   Factores

Recursos Naturais: Son os elementos dispoñibles na natureza que serven como materias primas ou fontes de enerxía. Poden ser renovables se non se esgotan ou rexeneranse en pouco tempo; ou non renobables como os minerais e o petroleo.

Tecnoloxía e coñecemento: Son as técnicas que se aplican na produción e que permiten aproveitar o coñecemento científico e resultan determinantes no crecemento económico. O avance tecnolóxico require investir en investigación, desenvolvemento e innovación, o que se coñece como I+D+i.


O Traballo das persoas: É o esforzo humano realizado, xa sexa físico ou intelectual , o seu resultado depende de moitos factores como por exemplo a formación da persoa, a calidade do sistema educativo...etc.

Capital: Fórmano todos os recursos non naturais que require a producción:

-As traballadoras e traballadores cunha gran formación e experiencia que forman o denominado capital humano.

-O diñeiro ou capital financieiro necesario para crear e manter a actividade da empresa.

-Os elementos materiais, como edificios, máquinas, equipos informáticos etc., que forman os chamdos bens capitais.


Custos de Producción: É a suma do valor dos recursos naturais , capital, tecnoloxía e coñecementos e o traballo das persoas, nunha empresa para a producción de bens e servizos.

Poboación activa: Pode ser parada , desempregada ou ocupada, nesta última temos de dous tipos:

-Por conta allea ou asalariada: Son as persoas empregadas por unha empresa ou polas Administracións públicas a cambio dun salario.

-Por conta propia ou autónoma: Son as persoas que ofrecen o seu traballo sen estaren suxeitas á organización e dirección doutra empresa.

Poboación Inactiva: É a poboación en idade de traballar que non busca emprego:

-Persoas xubiladas.

-Persoas que realizan un traballo social non remunerado.

-Persoas en situación de incapacidade laboral.

-Persoas que se ocupan do coidado do fogar.

-Estudantes e persoas que,desanimadas deixan de buscalo....


Oferta: En economía, definese  como aquela propiedade disposta a ser intercambiada libremente a cambio dun prezo.

Demanda: A demanda podese definir como a cantidade de bens e servizos que son adquiridos polos consumidores.

Traballo formal: Existencia dun contrato de traballo suxeito ás leis do país , que está debidamente rexistrado, e a empresa ou a persoa trablladora cumpre coa normativa fiscal , pagándolles aos organismos públicos os correspondentes impostos.

Traballo informal: Realización dunha actividade remunerada que non é declarada oficialmente.

Capitalismo: É un sistema económico e social baseado nos principios da propiedade privada dos medios de produción, ​​ mediante o capital como ferramenta de produción por rriba  do traballo.

Subsintecia: É o sistema económico mundial propio da sociedade preindustrial, baseado na agricultura de subsistencia; con explotacións, xeralmente familiares, que solo alcanzan para á alimentación.

Comunismo: É un sistema político e un modo de organización socioeconómica, caracterizado pola propiedade en común dos medios de produción, así como pola inexistencia de clases sociales, do mercado e do Estado na súa fase final teórica.​​​​​​ 

Monopolio: Unha soa empresa controla a producción e a distribución dun produto, o que lle permite fixar o seu prezo e a cantidade ou oferta deste no mercado.

Oligopolio: Existe unha maior competencia no mercado pero non é real porque o control téñeno unhas poucas empresas , que se poñen de acordo para fixaren unha prezo e unhas condicións que lles conveñan.

Globalización Económica: Refírese ao proceso de progresiva liberación dos intercambios internacionais de bens, servizos,tecnoloxía,traballo e capital finacieiro.

Deslocalización da Producción: Fálase de deslocalización cando unha empresa pecha fábricas ou sucursais no país de orixe e as establece noutros Estados buscando vantaxes.

                      G2o:É o principal foro internacional para a cooperación económica e financieira.


Glosario 3

                         Tema 4 :'' A producción de alimentos, clave na Axenda 2030'' (No libro tema 3)

Factores físicos da Agricultura: Son a altitude e a pendente do terreo.

-A altitude: As temperaturas diminúen a medida que se ascende ,o que impide o crecemento das plantas a partir dunha certa altura.

-A pendente dos terreos: Segundo a inclinación , verase máis ou menos afectada.

Segundo o tamaño , as explotacións poden ser grandes ou LATIFUNDIOS , medianas ou pequenas MINIFUNDIOS, e segundo a actividade económica , agrícolas, gandeiras, forestais ou mixtas.


BOCAGE: Predomina o habitat natural disperso , neste tipo de paisaxes agrarias as lairas están pechadas por sebes , muros ou armados. Obsérvase que constitue un mosaico de pequenas leiras irregulares.

OPENFIEL: É a paisaxe típica das grandes chairas e non hai cercos que delimiten as parcelas. É dicir , as vivendas e outros edificios agrúpanse formando un lugar ou aldea.


Agricultura intensiva: Busca obter o maior proveito da terra, para logralo fai un uso intenso dos medios de produción, e emprega técnicas de cultivo e sistemas de rega avanzados.

Agricultura Extensiva:Busca utilizar os recursos naturais do contorno e non usa de maneira intensa os medios de produción. Alternativamente , deixa unha parte da terra de labranza a barbeito , e o rendemento por hectarea e menor ,só o pode compensar unha terra abundante.


Secaño: Ás plantas cultivadas abóndalles a auga da chuvia para crecer.

Regadio: Os cultivos necesitan máis auga ca a da chuvia , e esta achégase mediante sistemas artificiais de rega.


Monocultivo:Toda ou case toda a terra se dedica a un producto, o que reduce o uso de técnicas e maquinaria agrícolas.

Policultivo: Cultívanse varias especies vexetais nunha mesma explotación , que adoita ser de pequeno tamaño e está destinada ao autoconsumo.


Agricultura Tradicional: Ocúpanse os campesiños e as campesiñas con escasos recursos que cultivan para obter o seu alimento .Só o que lles sobra o venden no mercado local.

Agricultura de Mercado: Practícase en extensas plantacións ligadas aos intereses das grandes multinacionais do sector alimentario que coemercializan a produción.


Gandaría Extensiva: Principalmente fai uso dos recursos naturais do territorio e respéctaos.O gando vaga polo campo e aliméntase de pastos naturais.En xeral críanse especies e razas autóctonas , require poucos investimentos pero a súa productividade e baixa.

Gandaría Intensiva: Desenvólvese en explotacións especializadas nunha especie e onde a tarefas estan mecanizadas, o gando críase en cortes seleccionando as razas máis productivas. A produtividade é moi alta.


Sobreexplotación:

Acuicultura: É  a cría de organismos animais e vexetais acuáticos en catividade.

                                                                                Tipos De Pesca:

-Litoral:Realízase xunto á costa, en pequenas embarcacións pesqueiras tradicionais con métodos artesanais. As capturas destínanse ao uso local ou familiar.

-Baixura: Realízase próxima á costa , en naves pequenas ou medianas hábiles para conservar a pesca , dotadas de aparellos axeitados para o que se queira capturar e practícase durante un tempo non superior a un día.

-Altura:Realízase en mar aberto , en grandes barcos con radar para detectar peixes , moitos utilizan diversas artes de pesca , ten unha duración de semanas ou meses e a súa produción esta destinaa a venda.


PAC: E un acordo existente desde 1962 chamado Política Agraria Común para todos os países da Unión Europea.Esta política tivo varias reformas para axustarse ás distintas necesidades do sector, competir mellor no mercado mundial e limitar o seu impacto ambiental.

PPC: En 1983 adoptouse a Política Pesqueira Común. Con ela, a pesca pasou a ser, igual ca a agricultara e gandaría , unha competencia compartida entre a UE e os gobernos dos Estados membros.


Seguridade Alimentaria: Referímonos a que todas as persoas teñan acceso aos alimentos suficientes , seguros e nutritivos necesarios para unha vida sa.

Sostibilidade Ambiental:A sostenibilidade describese como os sistemas biolóxicos que se manteñen produtivos co  transcurso do tempo.

Apoio Gubernamental:  E o proceso inverso de despoboamento de moitas zonas rurais e necesario que as institucións lles permitan gozar duns ingresos para ter un nivel de vida digno , por iso as axudas económicas son fundamentais.


 Redación Sistemas Económicos

En cada época e lugar , a actividade económica organizouse de xeito diferente. Principalmente chamamos sistema económico ao modo en que se producen os bens e servizos nunha sociedade e á forma en que se distribúen os beneficios entre os seus habitantes. 

 Desde o século pasado hai Estados que se consideran potencias económicas mundiais como Estados Unidos , Xapón e a Unión Europea, grazas a  que controlan a maior parte da produción , das exportacións , da tecnoloxía e das finanzas do planeta. Por outra parte hoxe en día coñecemos a dous grandes países que co desenvolvemento da globalización pasaron a encabezar a lista das economías emerxentes , cun crecemento económico anual moi superior ao das potencias tradicionais , por iso coñecense como Potencias Emerxentes as cales son China e India.

Todos os países deben optar por un sistema ecónomico como xa explicabamos anteriormente. Encontramonos con tres opcións: Subsistencia , Comunismo e Capitalismo , ainda que se poden mesturar como ocorre aqui en España co Estado de Benestar.

Comezamos co Depredador do tipo caza-recoleción e con ela cubrían as súas necesidades básicas: comida, leña e materiais para as ferramentas, roupa ou cabañas, pero hoxe en día xa non existe.

Seguimos coa Subsistencia,a cal fundamentalmente apóiase no sector primario xa que a produción realizana as familias con métodos tradicionais que non lles permiten obter altos rendementos polo que se destina ao consumo familiar, e os exedentes vendense ou intercambianse por outros produtos. Era o sistema propio das sociedades anteriores á Revoloción Industrial ainda que na actualidade so está presente nas sociedades menos desenvolvidas.

Continuamos co Comunismo, no que o núcleo deste sistema e o Estado , xa que controla todos  os aspectos da economía ao ser propietario das empresas, toma decisións como que producir e en que cantidade , fixar os prezos dos rodutos , establecer como se van a repartir os beneficios ,etc. Este sistema estivo moi estendido , pero hoxe só nalgunhas rexións como en Cuba, Laos, República Democrática de Coera, Vietman e China, entre outras.

E por último temos o Capitalismo ,é un sistema de libre mercado con certas caraterísticas como a propiedade privada dos medios de produción(terras , maquinaria, tecnoloxía , empresas...), a busca do beneficio como motor da actividade económica, a regulación do número de produtos e do seu prezo mediante a lei da oferta e da demanda e a libre competencia, isto significa que calquera individuo ou empresa pode realizar a actividade económica que desexe.

Para finalizar gustariame a dar a miña opinión. Creo que ningun destes sistemas económicos e bo , xa que ou son moi extremistas ou directamente non hai innovación e estancanse na produción de alimentos. Polo que eu prefiro o Estado de Benestar un hibrido entre o comunismo e o capitalismo(ainda que non sempre se cumpre), porque gustame a idea de que todos teñamos servicios básicos, e dicir, un mínimo pero ademais podamos incremetar a nosa economía.

Xa sei que moita xente esta en contra das clases socias pero creo que se chegas alto polo teu propio merito non hai ningun problema, eso si, chegar alto polo custo dos demais e a peor das ideas ainda que se esta a dar moito actualmente. E a subsistencia baixo o meu punto de vista non debería de existir por que a idea de non ter unha innovación e dicir de só adicarte a producción de comida pareceme unha insolencia xa que se non hai innovación non hai vida;os edificios , os servicios básicos , a sanidade , foron mellorando cada vez máis grazas a innovación.

Pois ben , que pensades ,que sistema económico preferides ?



Tipos de Agricultura

                                            Taboa con preguntas e respostas sobre a Agricultura


Retos Do Sector Primario

                    A continuación adxunto un mapa mental sobre os Retos Do Sector Primario


Tema 5: A Necesidade Dunha Industria máis Sostible


                                 Comezamos cun traballo sobre que engloba realmente a industria


As Revolucións Industriais

                A continuación encontrase unha liña do tempo sobre as 4 revolucións industriais.


¿Que é I+D+i?

I+D+i corresponde a la suma de 3 conceptos: Investigación, Desarrollo e innovación. Cada uno de ellos tiene sus particularidades:

  • Investigación: o obxectivo da investigación é ampliar o coñecemento científico, teña ou non unha aplicación práctica, por exemplo, en produtos ou servicios.
  • Desarrollo: o desarrollo apela nun sentido económico: unha evolución económica que dé lugar a mellores niveles de vida.
  • Innovación: consiste en crear algo novo, ou mellorar o que xa existe para facelo mellor, por exemplo, máis eficiente.

     No slogan que vedes falase de que se utilizas i+D+i poderás construir un gran futuro para a túa empresa xa que como se ve na imaxe poderás incrementar os teus ingresos, novas ideas de produción, ter novas viaxes arredor do mundo...en resumo GRANDES AVANZES E SUBIDAS ECONÓMICAS!!

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar